Aplicación para dispositivos Android sobre os ecosistemas mariños de Galicia dirixida a alumnos da ESO
A pesar de que Galicia é un país que vive envorcado cara o mar, a maior parte dos materiais de secundaria traballan a ecoloxía e a biodiversidade cun enfoque case exclusivamente terrestre. A presente proposta modifica esta visión centrando o traballo no mar dende o convencemento de que se protexe o que se coñece.
Por outra banda, o enfoque proposto non só facilita a incorporación dos novos contidos da LOMCE respecto aos proxectos de investigación en Ciencias senón que o fai dende unha perspectiva dixital que soe resultar moi motivadora para os rapaces.
A maioría das imaxes da aplicación proceden dos ecosistemas galegos e habitualmente se empregaron organismos característicos das nosas costas nas explicacións.
This version of Océano,última fronteira Android App comes with one universal variant which will work on all the Android devices.
If you are looking to download other versions of Océano,última fronteira Android App, We have 1 version in our database. Please select one of them below to download.